Asistentes (0)
1° posto: 500€ + lote marcas galegas, 2° posto: 200€ + lote marcas galegas, 3° e 4° posto: 50€ + lote marcas galegas, Clasificados a octavos: agasallos
Hugo Guezeta
Nadie González
Highpawgz
Albamaruxa
Frank Huxley
🔥 CeibaRimas2025 🎂 5º Aniversario 🗓 18Outubro | Alameda de Pontevedra | 18h 🎤 Batallas de freestyle en galego, concertos, servizo de barra con comida e bebida, baños, carpa en caso de choiva... A que temos liada! Un evento pensado para amantes do rap, do freestyle e, en xeral, da cultura galega. Neste 5º aniversario imos con todo! ⬆️ O freestyle en galego está a punto de subir a un novo nivel! 💥 🎨 A primeira sorpresa é este tremendo cartel feito por @cestolanacachola 🧺 De tan chulo que quedou, fixemos camisetas coa ilustración con @reizentolo_oficial 🦀 📺 A segunda: coa intención de seguir medrando e levar o freestyle en galego a un público máis amplo, este ano poderá verse o evento a través da plataforma da @tvgalicia Agalega.gal 🙌 Coma sempre, co noso súper equipo de @tipi_broadcasting e @veinticincop ♥️ Si, o freestyle en galego existe e segue medrando! 📝 Para participar nas batallas de freestyle en galego: a inscrición é libre e gratuíta no enlace da nosa bio. Non é preciso ter participado antes en ningún evento previo. 🏆💸 Premios: 1° posto: 500€ + lote marcas galegas 2° posto: 200€ + lote marcas galegas 3° e 4° posto: 50€ + lote marcas galegas 🎁 Para todxs xs clasificadxs a oitavos teremos tamén agasallos 🎁 🎶 Concertos principais: @hugo_guezeta e @nadie_gonzalez 🔥 🔊 Espazo emerxente: @pappaquino @qveen_rendi @misoskatos @4t.osfortes @arearosae 👩🏻⚖Xurado de luxo: Hugo Guezeta, Nadie González, @highpawgz , @albamaruxa e @frankhuxley 🙌 Todo está preparado para vivir unha tarde de rap épico, novas promesas e moita enerxía. Non podes perdelo! Comparte, difunde e prepárate para o espectáculo 🌟 🥰 Moitas grazas a todxs xs colaboradorxs que nos axudan a sacar este evento adiante: Tipi Broadcasting, Veinticinco Producciones, @milongasparrillada , Rei Zentolo, @bodegaslodeiros @sacauntos.coop @silvereira_joyas @cafescandelas @acontravento @quinteirodoce Gastrobar Carolo Organiza: @pontevedrate @lingua_pontevedra @merendacreativa Financia: @xuventudegalicia @linguagalega @rentgaliciainmobiliaria
Escribe tu correo electrónico y te enviaremos un email para recordarte el evento.